O XIII 12+1 Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, bota a andar este domingo 4 de marzo ás 11:00 horas co espectáculo “Meigas Fora” da Aula Folque Infantil no Auditório do Pazo da Cultura

O XIII 12+1 Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, bota a andar este domingo 4 de marzo ás 11:00 horas co espectáculo “Meigas Fora” da Aula Folque Infantil no Auditório do Pazo da Cultura

mércores, 29 de Febreiro de 2012

Adicado ás supersticións, extenderase entre o 4 eo 31 de Marzo e contará com mais de 100 actividades para todos os públicos entre as que atopamos numerosos espectáculos de creación exclusiva para o Salón.

 

PONTEVEDRA, 29 de febreiro de 2012.-  O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores e a concelleira de Cultura, Anxos Riveiro Portela, teñen o pracer de convidar a vostede á inauguración do 12+1 SALÓN DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL DE PONTEVEDRA, que terá lugar o vindeiro domingo, 4 de marzo de 2012, ás 11.00 horas, no auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra.

"Meigas Fora", espectáculo feito por nenos para nenos, da Aula Folque Infantil será o encargado de amenizar aos asistentes. A continuación procederase á apertura da Sala de Exposicións do Salón do Libro para a súa visita.

Nos diferentes espazos, os pequenos poderán escoltar os contacontos de Pavís Pavós.

Con motivo do LXXXI Campionato de España de Marcha en Ruta, as inmediacións da Ponte dos Tirantes permanecerán cortadas ente las 08:00 y las 14:30 horas, así coma o aparcadoiro do auditorio, quedando dispoñible o do Recinto Ferial (Rúa Alexandre Bóveda s/n). Poden consultar o itinerario exacto da ruta e as rúas cortadas ao tráfico na web do Salón e Facebook.

Do mesmo xeito, lembrámoslles que as Exposicións do Salón doLibro, ubicadas no Pazo da Cultura, pódense visitar de luns a venres de 16:30 horas a 21:00 horas. Os sábados permanecerán abertas entre as 11:00 horas e as 14:00 horas e tamén polas tardes no horario xa citado. Os domingos e festivos só abrirán as súas portas en horario matinal.

As actividades previstas na programación do 12+1 Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra desenvolveranse entre o 4 e o 31 de marzo de 2012. Pode consultar más información en www.salondolibro.org, Facebook e Twitter.

 

Agradecemos a súa difusión,

 

DEPARTAMENTO DE PRENSA E COMUNICACIÓN