Luns, 6 de febreiro de 2006
Pontevedra, 06 de febreiro de 2006
O Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra recibíu esta mañá a visita de varios grupos de escolares procedentes de toda a comarca. Estiveron connosco alumnos e alumnas dos seguintes centros: CPI Manuel Padín, CEP Riomaior, CEIP Marcón, CEP Espedregada, Colexio Los Sauces, CEIP A Reigosa e Colexio Vidal Portela. Foron 247 nenos e nenas os que esta mañá gozaron das instalacións e das actividades do Salón.
Os alumnos repartíronse en tres obradoiros (escrita con Tagen Ata, ilustración con Noemí López e medioambiente con Kiko da Silva) e sesións de contacontos con Pavís Pavós, Raquel e David Pernas. Outros escolares puideron asistir ós dous pases da función Hijos de las estrellas da compañía Date Danza no Teatro Principal.
En horario de tarde, principiaron tamén hoxe os obradoiros de adultos. Hoxe, o escritor Ramón Caride encargouse do de literatura, Cristina Novoa capitaneou o de escrita e Miquel Desclot e Pablo Amargo impartiron, respectivamente, os de música e de ilustración.
Repasamos agora o capítulo de espectáculos. Ás seis e media, o grupo coruñés Trinke-Trinke, especializado en animación infantil, representou unha adaptación do poemario para nenos de Manuel María Os soños na gaiola. O mesmo tema suscitou a conferencia da especialista Xela Armas, profesora de lingua e literatura galegas en secundaria. Armas fixo unha análise temática e formal dos poemarios Os soños na gaiola (1972) e As rúas do vento ceibe (1978), de Manuel María, vencellándoos co seu contexto histórico e poñendo de manifesto as conexións que o poeta establece entre o mundo infantil e a realidade galega do momento. O tratamento da infancia nestes dous poemarios de Manuel María, segundo Xela Armas, é lúdico sen deixar de ser reivindicativo. Logo da conferencia de Xela Armas, presentouse a unidade didáctica Os soños na gaiola, elaborada por Ricardo Seixo da Asociación Socio-Pedagóxica Galega. O peche da xornada foi musical, cun concerto de Tino Baz.
Mañá martes, 7 de febreiro, recibirémo-la visita doutros 250 escolares dos seguintes centros:
Os pequenos asistirán ós obradoiros que se abriron hoxe e ás sesións de contacontos programadas. Outros escolares gozarán do espectáculo De fabula, por Artello Teatro, grupo vigués cunha longa traxectoria no eido do teatro para nenos. Un espectáculo de monicreques sobre mesa baseado nas fábulas da tradición clásica, onde o bosque e os animais que o habitan son os protagonistas. Ás doce en media no auditorio do Pazo.
Tamén terán continuidade os obradoiros para adultos, en horario de 18.00 a 20.00 horas do seguinte xeito:
No tocante ás actividades de libre asistencia, mañá teremos:
18.30, Calamar teatro con Titirifauna no auditorio do Pazo da Cultura. Prezo: 1,50 euros. Este espectáculo, con música en directo e unha actriz con monicreques feitos con material de refugallo, obtivo unha mención especial do xurado en Fetén 2002 (feira de teatro europeo que se celebra en Xixón).
20.30, presentación do poemario Trobalinguas. Neste volume participan Miquel Desclot, Antonio García Teijeiro, Juan Kruz, Ana Romero Yebra e Tesa González. Autores que escriben en linguas diferentes e que se traducen ós uns ós outros. No auditorio do Pazo da Cultura. Asistencia libre e gratuíta.
Mañá o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra recibirá a visita do alcalde de Pontevedra. Miguel Anxo Fernández Lores percorrerá as instalacións a partir das 11.30 (a súa visita durará ó redor dunha hora).
David Pernas contando no espazo do Náufrago
Tamaño: × (2.2 MB)
Raquel contando no Bosque das Letras
Tamaño: × (2.1 MB)
Tamaño: × (2.3 MB)
A Radio Galega entrevista a Anxo Moure
Unha xornalista da Radio Galega entrevista a Anxo Moure, de Papaventos, director do obradoiro de medio ambiente.
Tamaño: × (2.0 MB)
Obradoiro de literatura con Ramón Caride
Tamaño: × (2.1 MB)
Obradoiro de música con Miquel Desclot
Tamaño: × (1.9 MB)
foto: Xosé Luis Alonso
Tamaño: × (1.9 MB)
foto: Xosé Luis Alonso
Tamaño: × (1.8 MB)
Cuentos con encanto, compañía de monicreques de Las Palmas de Gran Canaria
Tamaño: × (1.7 MB)
Helena Torres, coordinadora do Salón do Libro
Clausura do VII Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra
foto: Xosé Luis Alonso
Tamaño: × (1.9 MB)
Intervención da concelleira de Cultura, María Xesús López Escudeiro
Clausura do VII Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra
foto: Xosé Luis Alonso
Tamaño: × (2.1 MB)
Clausura do VII Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra
foto: Xosé Luis Alonso
Tamaño: × (2.3 MB)
© 2006–2008 Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra