Prensa

Arquivo

2006

2007

2008

2009

2010

Gabinete de prensa

prensa@salondolibro.org

PREVISIÓNS INFORMATIVAS DO VENRES 19 DE FEBREIRO NO 11º SALÓN DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL DE PONTEVEDRA

Venres, 19 de febreiro de 2010

1 ficheiro adxunto

  • 50 nenos e nenas dos colexios participarán no Roteiro Urbano.

  • Pavís Pavós anima cos seus contos a Sala de Exposicións do Pazo da Cultura.

50 alumnos e alumnas de centros escolares pontevedreses asistirán o roteiro urbano do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra que o venres percorrerá o Mercado de Abastos, a praza Valentín García Escudero, a rúa Arcebispo Malvar, a praza de Santa María, a avenida de Montero Ríos e a praza de San José ata chegar ao Pazo da Cultura.

Ademais de contos tradicionais, Pavís Pavós tamén inclúe contos de nova creación e con formatos contemporáneos no espectáculo que anima as instalacións do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra no Pazo da Cultura.

Pavís Pavós formouse como grupo de contadores de contos para público infantil no ano 1996 en Pontevedra. Traballa principalmente en Galicia con contos en galego e tratando de recuperar contos, adiviñas, refráns, fraseoloxía e xogos propios da nosa tradición.

O Pazo da Cultura tamén acolle ata o venres outros dous obradoiros, adicados á ilustración e á escrita creativa. Anxo Fariña é o artista responsable do Obradoiro de Ilustración, e realiza traballos centrando o seu labor na creatividade dos públicos infantís. Tagen Ata organiza o obradoiro de escrita, no que os rapaces e rapazas asistentes poñen a proba a súa imaxinación á hora de poñer as historias sobre o papel.

As actividades previstas para o venres 19 de febreiro na programación do 11º Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra son concertadas cos centros escolares e inclúen:

-10:00 – 10:40 e 11:45 – 12:25

Obradoiro Escrita, con Tagen Ata

Obradoiro Ilustración, con Anxo Fariña

Obradoiros urbanos: Roteiro urbano

CONTACONTOS: Celso Fernández, Pavís Pavós e Queliña

TEATRO: Migallas

-10:40 – 11:10 e 11:00 – 11:30: visitas ao Salón

-12:25 – 12:45 e 12:45 – 13:30: visitas ao Salón

Ficheiros

© 2006–2010 Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra