Martes, 23 de febreiro de 2010
En resposta ao alto éxito de asistencia do público na presente edición, o 11º Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra suma novas actividades e aumenta as sesións das que xa tiña programadas para as Tardes na Sala, que se celebran no Pazo da Cultura de Pontevedra ata o vindeiro sábado 12 de marzo de 2010.
VENRES 26 DE FEBREIRO, MÉRCORES 3 e 10 DE MARZO 18:00 Sala de Exposicións do Pazo da Cultura Carballo con botas Papaventos A partir de 5 anos. Entrada de balde. O Carballo con botas conta como Querco ficou só na súa fraga, porque as outras árbores arderan nun terrible incendio, e das súas bágoas nace un carballiño, que lle fará compaña e de cando en vez visitará outros bosques e lugares, para coñecer novas historias e levalas de volta á fraga.
XOVES 25 DE FEBREIRO, 4 e 11 DE MARZO 18:00 Sala de Exposicións do Pazo da Cultura Do, re, mi, Mozart xoga aquí Títeres Cachirulo A partir de 2 anos. Duración: 55 minutos. Entrada de balde. Inspirándose na vida do compositor musical, Cachirulo títeres trae ao Salón do Libro Infantil e Xuvenil un espectáculo de marionetas de fío talladas en madeira, que desenvolven a acción nun retablo barroco. A invitación do emperador para que Mozart interprete a súa música provoca a envexa do mestre de cámara, que tentará impedir o concerto sen chegar a conseguilo.
MÉRCORES 24 DE FEBREIRO, VENRES 5 e 12 DE MARZO 18:00 Sala de Exposicións do Pazo da Cultura Cantacontos Golfiños A partir de 18 meses. Entrada de balde. O grupo de música Golfiños, especializado en cancións infantís, mestura os xogos e as historias coa música dos seus instrumentos e a voz, facendo gozar aos rapaces cos seus sons e coas súas propostas de baile.
SÁBADOS 27 FEBREIRO e 6 MARZO 18:00 Sala de Exposicións do Pazo da Cultura Queliña A partir de 3 anos. Entrada de balde.
A asistencia ás instalacións do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra no Pazo da Cultura, ata a presente xornada, acadou os 9.372 visitantes, entre o alumnado dos centros escolares participantes nas actividades concertadas e o público xeral, tanto infantil como adulto.
Entre as cifras de asistencia, que superan os resultados de todas as edicións previas e as propias expectativas da presente celebración, destacan as xornadas da primeira semana de celebración, nas que o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra acadou un promedio de 1.891 visitas diarias , sen considerar as máis de 300 que acudiron á inauguración.
As tres xornadas de actividades na segunda semana sumaron 1575 visitas máis, entre xoves 18, venres 19, sábado 20 e domingo 21 de febreiro.
Na presente semana, celébranse novas actividades concertadas cos centros escolares, das que podemos destacar os obradoiros dos Regueifeiros, nos que rapaces e rapazas combinarán estrofas de rimas con desafíos a ritmo de rap. As regueifas organizadas polos Carunchos realízanse en dúas quendas ás 10.00 e ás 12.00 horas, que se completan coas visitas dos obradoiros urbanos organizados polo Salón do Libro Infantil e Xuvenil ao seu remate.
Ademais das actividades ampliadas para os asistentes á Sala, o Salón do Libro Infantil e Xuvenil conta coa programación de obradoiros dirixidos a todos os públicos, que se poden rexistrar desde a páxina www.salondolibro.org: construción de títeres con material de refugallo, de animación á lectura e de escoita “Sonotopías”.
© 2006–2011 Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra