Prensa

Arquivo

2006

2007

2008

2009

2010

Gabinete de prensa

prensa@salondolibro.org

OS BOMBEIROS AMOSAN 2 CAMIÓNS A 150 NENOS E NENAS NO 11º SALÓN DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

Martes, 9 de marzo de 2010

4 fotos1 ficheiro adxunto

O 11º Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra contou esta mañá cunha visita moi especial nas instalacións do Pazo de Congresos e Exposicións, protagonizada polo corpo de Bombeiros de Pontevedra.

A partir das 11.00 horas, unha dotación de bombeiros achegouse ao Salón do Libro de Pontevedra para invitar aos nenos e nenas dos centros escolares participantes a coñecer os seus camións e as ferramentas que empregan na súa loita contra os incendios e nas súas actuacións de rescate. Esta iniciativa encaixa dentro das actividades programadas polo 11º Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, en colaboración cos servizos locais de seguridade.

Ademais, no xurado do concurso “O traballo dos bombeiros”, convocado polo servizo de Bombeiros de Pontevedra, participaron tamén Julio Castela, concelleiro de Educación e Demetrio Gómez Xunqueira, concelleiro de Protección Cidadá, que elixiron o gañador entre os debuxos participantes do 11º Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra que se exhiben na Sala de Exposicións do Pazo da Cultura: foi o traballo dunha alumna do Colexio Xunqueira I.

Fotos en alta resolución

Ficheiros

© 2006–2010 Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra