Prensa

Arquivo

Gabinete de prensa

Teresa Cuíñas Lavandeira
prensa@salondolibro.org
Teléfono 645 106 103

Hoxe mércores, ás 18.00 horas Ana María Matute responderá ás preguntas dos medios de comunicación na sala vip do Pazo da Cultura.

Mércores, 8 de febreiro de 2006

1 ficheiro adxunto

Previsións Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, mércores, 08 de febreiro de 2006. Información ós medios

Visitas de escolares:

  • CRA Vilaboa
  • CEIP Carballedo
  • CEIP de Cabanas
  • CEP Xunqueira 2
  • EEI Concepción Crespo Rivas
  • CEIP Froebel

En total, algo máis de 400 nenos e nenas asistirán ós obradoiros de escrita, ilustración e medioambiente, así como ás contadas a cargo de Pavís Pavós, Raquel e David Pernas. Outros nenos acodirán á representación de “Titirifauna” a cargo de Calamar Teatro, ás once e media no auditorio do Pazo. Esta compañía vallisoletana pon en escea unha función de monicreques feitos con material de refugallo.

Pola tarde seguen os obradoiros para adultos (18.00-20.00) co seguinte programa:

  • Animación: repite Ana Romero Yebra (empezou o martes)
  • Literatura: Dora Batalim. Dora Batalim é licenciada en Linguas e Literaturas Modernas pola Universidade de Lisboa. Ademais, posúe unha ampla formación en psicoloxía e pedagoxía aplicadas ó eido artístico. Participa frecuentemente en cursos, encontros e seminarios vencellados á área do libro, da animación, da pedagoxía e da lingua. Desde 2002 é profesora de Literatura Infantil e Xuvenil na Escola Superior de Educadores de Infancia Maria Ulrich de Lisboa. Tamén leva a cabo funcións de formación e consulta no Proxecto “Levar e Ler” de promoción da lectura. Actualmente, tamén colabora no proxecto “Das Histórias nascem Histórias”, unha exposición do Instituto Portugués do Livro e das Bibliotecas. Desde 1999, pertence ó equipo CLIC (Clube de literatura, Ilustraçâo e companhia) destinado á formación do profesorado e público escolar tanto en literatura como en plástica, música ou teatro. Son súas as traducións ó portugués de títulos editados Kalandraka como Frederic, O flautista de Hamelin ou O pesadelo no armario. Asimesmo, é autora de revisións literarias (A toupiña quería saber quen lle fixera aquelo na cabeza), artigos sobre literatura, lectura e pedagoxía e guías didácticas.
  • Ilustración: continúa Pablo Amargo.
  • Música: continúa Miquel Desclot.

Entre as actividades abertas ó público salientamos:

  • 17.30, Contadores de historias. Nenos do CEP Monteporreiro e do IES Valle Inclán serán os encargados de dirixir unha sesión de contacontos acompañados polos Pavís Pavós. Terá lugar nun dos espazos expositivos.

  • 18.30, Obradoiro infantil “Titirixogo”, con Calamar Teatro. Asistencia libre e gratuita para nenos e nenas a partir de 4 anos no seminario 8 do Pazo da Cultura. Os cativos aprenderán a facer monicreques con materiais de refugallo.

  • 20.30, Diálogos con Ana María Matute.

Ficheiros

© 2006–2008 Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra