Mércores, 22 de febreiro de 2006
Hoxe mércores 22 de febreiro, recibirémo-las derradeiras visitas concertadas de escolares, polo que rematan tamén as actividades de obradoiros e contacontos.
Visitas de escolares de educación secundaria:
Para todos eles, haberá visita guiada ó Salón e participación en obradoiros de escrita (con Tagen Ata), ilustración (con Kiko da Silva) e medioambiente (con Papaventos). Outros asistirán ás contadas a cargo de Regueifeiros.
A teor do número de estudiantes de primaria e secundaria que xa nos visitaron e a xulgar pola asistencia libre que estamos contabilizando, podemos calcular que ó peche do Salón (3 de marzo) máis de 15.000 persoas teñan estado nesta sétima edición do Salón do Libro.
Lembrámosvos que o Salón segue aberto ás visitas ata o vindeiro 3 de marzo co seguinte horario:
Os luns o recinto expositivo está pechado ó público. A partir do martes o horario de visitas para o público é o seguinte:
Martes a Venres: 18.00-21.00 Sábados: 11.00-14.00 e de 18.00-21.00 Domingos: 11.00-14.00
© 2006–2008 Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra