Domingo, 5 de febreiro de 2006
A natureza é o motivo principal do Salón, que este ano se celebra do 5 ó 11 de febreiro no Pazo da Cultura de Pontevedra.
Música, contos e palabras para María Victoria Moreno no acto inaugural do Salón.
Pontevedra, 05 de febreiro de 2006.
O Salón do Libro de Pontevedra abríu as súas portas a primeira hora desta tarde cun grande éxito de participación. O acto inaugural estivo conducido pola actriz Comba Campoy, quen deu paso ás intervencións de carácter institucional.
A coordinadora do Salón, Helena Torres, agradeceu moi especialmente o traballo dos máis de trinta colectivos locais e estatais que colaboran na organización deste evento tan especial desde hai sete anos, así como o apoio recén estrado da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia. Torres falou de cómo o Pazo da Cultura se transforma estes días nun espazo de conto no que todo ten que ver coa Natureza, motivo principal desta sétima edición do Salón. A coordinadora do Salón convidou ós presentes a visita-las catorce exposicións, en especial, a que se dedica á figura de María Victoria Moreno e a confeccionada cos traballos dos escolares da comarca. Con estes traballos, os nenos e nenas aseguran a súa participación nos obradoiros que comezan mañá á mañá.
Presente no acto, a conselleira de Cultura da Xunta de Galicia, Ánxela Bugallo, confesou ser ela mesma “unha nena de libros”. Bugallo defendeu o acto de ler por canto “nos convirte en mellores persoas” ó tempo que ratificou o apoio do seu departamento a esta cita cos libros. O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, declarou inaugurado “este espazo de vida e harmonía”, en referencia ó Salón do Libro. No seu discurso, Lores manifestou que a lectura é o camiño de entrada á vida, á liberdade e ó coñecemento.
Vivíronse momentos de grande emotividade, como o que protagonizaron os alumnos de 6º de primaria do CEP A Xunqueira II, que deron lectura ó texto “¿Un cachiño de bica?” de María Victoria Moreno. Ela fóisenos, mais quedan connosco as súas palabras.
A conselleira de cultura visita o Salón
A conselleira de cultura da Xunta de Galicia, Ánxela Bugallo, e o Director Xeral de Creación e Difusión Cultural, Luís Bará, visitando o Salón do Libro. Conversan cunha alumna dun centro escolar pontevedrés que participan no Salón cun traballo.
Tamaño: × (1.9 MB)
Intervención de Helena Torres, coordinadora do Salón do libro
Helena Torres, coordinadora do Salón, no acto inaugural celebrado este mediodía no Pazo da Cultura de Pontevedra.
Tamaño: × (2.3 MB)
O lobo Orbil, mascota do Salón
No primeiro día do Salón un neno dá de comer ó Lobo Orbil, mascota do Salón. Orbil é un lobo que se alimenta de boas historias, as que veñen nos libros.
Tamaño: × (2.3 MB)
Teresa Cuiñas, responsable de prensa do Salón
foto: Xosé Luis Alonso
Tamaño: × (2.1 MB)
Autoridades e membros da organización na clausura do Salón
foto: Xosé Luis Alonso
Tamaño: × (2.1 MB)
© 2006–2008 Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra