Luns, 8 de febreiro de 2010
No marco da celebración do XI Salón do Libro Infantil e Xuvenil, a programación das Tardes na Sala ten prevista a actividade do contacontos de Papaventos, ás 17.30 horas do luns 8, martes 9 e mércores 10 de febreiro nas instalacións do Pazo da Cultura de Pontevedra.
O Carballo con botas conta como Querco ficou só na súa fraga, porque todas as súas amigas, as outras árbores arderan nun terrible incendio.
As bágoas de Querco caíron con forma de landras nunha bota vella, onde tralas choivas do inverno nacerá unha árbore, chamada o Carballo con Botas, que lle fará compaña e de cando en vez visitará outros bosques e lugares, para coñecer novas historias e levalas de volta á fraga.
Ademais, o Salón do Libro tamén contará coas seguintes actividades previstas para a xornada presente:
-10:00 – 10:40 e 11:45 – 12:25 horas: • Obradoiro Escrita con Tagen Ata • Obradoiro Ilustración con Anxo Fariña • Obradoiro A Cidade Enorme de OQO editora • CONTACONTOS: Celso Fernández, Pavís Pavós e Queliña • TEATRO: Migallas
-10:00 / 11:15 h.- O. URBANOS: Roteiro
-10:00 h.- Galitoon – Rosalía, a pulga que escribía. (Auditorio)
-10:40 – 11:10 h.- visita ao Salón
-11:00 – 11:30 h.- visita ao Salón
11:30 – 13:00 h.- OBRADOIROS URBANOS: Roteiro
12:00 h.- Gorakada-La ciudad inventada (T.Principal)
-12:00 h.- Galitoon – Rosalía, a pulga que escribía. (Auditorio do Pazo)
-12:25 – 12:45 h: visita ao Salón
-12:45 – 13:30 h: visita ao Salón
-17.30 Tardes na sala: Carballo con botas, de Papaventos
-18:30 Galitoon - Rosalía a pulga que escribía. (Auditorio do Pazo)
19:00 CONFERENCIA. Ciclo Os autores e as cidades (Caixagalicia) “Aperta coruñenta, manifesto das cidades-barco”, Xurxo Souto
20.30 Inauguración SARGADELOS “... donde nunca pasa nada”, de Fruela Alonso
© 2006–2011 Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra