Martes, 9 de febreiro de 2010
A actividade oriéntase a alumnos de 5º e 6º de Educación Primaria.
A policía recibiu o autobús cos nenos e nenas que chegaron en dúas quendas, ás 10.00 e ás 11.15 horas, na parada sinalizada de bus da rúa Rúa Alexandre Bóveda.
Os axentes acompañaron aos alumnos dende a parada ata o acceso a dependencias e logo presentarán os seus vehículos (turismos e motocicletas) aos alumnos no acceso ás dependencias. Xa no interior da xefatura, comeza a experiencia coa explicación e visita dos diferentes departamentos que compoñen as dependencias policiais:
A saída das dependencias realizáronse pola rúa Rafael Areses, con regulación manual por medio de axentes na confluencia do Parque de Rosalía de Castro coa Ponte de Santiago, e seguiron pola ponte ata o cruce co semáforo na Avda. Bos Aires, accedendo á Zona peonil. Nesta área explicáronlles aos alumnos e alumnas en que consiste a preferencia peonil, e eles achegáronse ata onde se atopaban os axentes para observar en directo unha campaña de carga e descarga e servizos da zona peonil, así como axudalos na formulación de denuncias e a retirada de vehículos co guindastre.
Os axentes tamén entregaron ejemplares do libro ‘1 pulga, 5 amigos e 1 tándem’ de Fina Casalderrey sobre Educación viaria, destinado aos escolares. Editado polo Concello de Pontevedra, o libro conta tamén cunha versión en braille e ilustracións adaptadas a persoas con problemas de visión.
O grupo achegouse ao concello onde se atopa o Policía para explicación da súa función, información cidadá e seguridade e voltou ás dependencias ( Alexandre Bóveda ) para a recollida dos mesmos.
© 2006–2011 Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra