Preto de 1.000 rapaces e rapazas dos centros escolares asisten ás dúas función concertadas de “O Soldadiño de Chumbo” esta mañá.

Preto de 1.000 rapaces e rapazas dos centros escolares asisten ás dúas función concertadas de “O Soldadiño de Chumbo” esta mañá.

mércores, 13 de Marzo de 2013

A función do conto clásico representada por Baobab Teatro contará esta tarde ás 18:30 horas cun pase para público familiar.

 

PONTEVEDRA. 13 marzo de 2013.- Ao longo da mañá de hoxe, visitaron o Salón do Libro números escolares, máis de 900 deles para asistir á representación teatral “O Soldadiño de Chumbo” nos seus pases concertados ás 10:00 horas e ás 12:00 horas. Centros escolares de Pontevedra, pero tamén de Marín, Raxó, Arcade, Ponte Sampaio, Ponte Caldelas, Cambados, Dena, Pobra do Caramiñal, Salvaterra, Cangas, e Vilagarcía. Non quixeron perderse a función tampoco o alumnado dos Centros de Educación Especial Amencer Pontevedra e o Princesa Letizia e nin do Centro Ocupacional Méndez Núñez.

 

OBRADOIROS ADULTOS. Lembrade que o prazo para matricularse nos obradoiros para maiores de 16 anos que se impartirán a partir do vindeiro luns 18 se pecha o venres 15. Actualmente “Querer contar nos contos” de Celso Fernández ten as prazas cubertas. “Fabrincando Ambiente” de Ventos estudios ambientales, conta consó dúas vacantes e “Iniciación ao Arduino” aínda ten preazas disponibles. Impartido por impartido por Luis Diéguez González iniciará aos asistentes no universo Arduino e aprenderán programación, iniciación á electrónica, aplicacións prácticas para facer un sistema domótico, automatización dun aparcadoiro, ect. Máis información en www.salondolibro.org

 

Agradecemos a súa difusión,                                             

Departamento de Prensa do Salón do Libro.