PREVISIÓNS INFORMATIVAS 16-18 MARZO

PREVISIÓNS INFORMATIVAS 16-18 MARZO

venres, 15 de Marzo de 2013

SÁBADO 16

  • De 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 20:30 horas – Salón do Libro – “A Maquichola” con Tegra Gómez Pino: Obradoiro onde se mestura o xogo coa imaxinación e a creatividade e no que através dos sentidos se adquiren elementos ao azar para crear composicións literarias. Un homenaxe ao movemento “  Dadá” e a Rodari. Todas as idades.
  • De 11:30 a 14:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas – Salón do Libro – Recinto Feiral – “Os Bolechas a toda máquina”: Ao longo do día, os nenos/as poderán gozar de diferentes actividades relacionadas co Universo Bolechas. ÁS 12:00 horas Karaoke e photocall, e ás 13:00 Os Bolechas. Pola tarde ás 17:00 novamente Universo Bolechas (Karaoke, Photocall), ás 18:00 obradoiro da man de Pepe Carreiro (creador dos Bolechas) e ás 19:15 unha nova aparición dos bonecos.
  • 12:00 horas e 18:00 horas – Sala de Obradoiros – Pazo da Cultura – Espectáculo de percusión para bebés e familia “Aupa Leré” de Compañía Percumento: Auga, aire, terra e lume, “Aupa Leré” é coma un xogo. Xirando en torno aos catro elementos da natureza e engadindo elementos característicos nas rutinas da infancia (os xoguetes, a lúa e o sol, a merenda,..) se van sucedendo cancións orixinais con textos sinxelos e pasaxes musicais con instrumentos da familia da percusión. Un espectáculo que contribúe á memoria e a discriminación auditiva e no que se reparten instrumentos de percusión ao público, realizando diversas actividades tocando e experimentando colectivamente a expresión e a creación artísitca. Duración: 50 minutos. Recomendado a partir de 3 meses. Aforo limitado a 40 bebés. Entrdas 3€ una hora antes do espectáculo.
  • 17:30 horas – Salón do Libro – Pazo da Cultura – “Entra no mundo secreto de Basilius Hoffman” da man dos seus creadores – Urco Editora: Presentación de O mundo secreto de Basilius Hoffman: Un faro na escuridade que contará coa presenza de Fernando M. Cimadevila (autor) e Iván Valladares (ilustrador) para falarnos do imaxinativo mundo no que se desenvolve a historia. A partir de 10 anos.
  • 18:30 horas – Auditorio do Pazo da Cultura – Espectáculo musical en primicia “A cidade das máquinas”: Conto inédito escrito por Óscar González Soto, que contará con Eva Diz como narradora e a música da Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra. Entradas 3€ - 1 hora antes na billeteira. Público Familiar.

DOMINGO 17

  • De 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 20:30 horas – Salón do Libro – “A Maquichola” con Tegra Gómez Pino: Obradoiro onde se mestura o xogo coa imaxinación e a creatividade e no que através dos sentidos se adquiren elementos ao azar para crear composicións literarias. Un homenaxe ao movemento “Dadá” e a Rodari. Todas as idades.
  • De 11:30 a 14:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas – Salón do Libro – Recinto Feiral – “Os Bolechas a toda máquina”: Ao longo do día, os nenos/as poderán gozar de diferentes actividades relacionadas co Universo Bolechas. Ás 12:00 horas Karaoke e photocall, e ás 13:00 Os Bolechas. Pola tarde ás 17:00 novamente Universo Bolechas (Karaoke, Photocall), ás 18:00 obradoiro da man de Pepe Carreiro (creador dos Bolechas) e ás 19:15 unha nova aparición dos bonecos.
  • 12:00 e 18:30 horas – Teatro Principal – Domingos do Principal “Alí Babá y los 40 ladrones” de Barobil Teatro: Alí Babá é un leñador pobre de Persia. Un día, mentras recolle leña no bosque, escoita un ruido que o asusta moito. Achégase e ve cómo 40 ladrons paran diante dunha rocha enorme . O xefe dos ladrons exclama “ábrete, sésamo”, e a rocha apartase para deixar aberta a entrada a unha cova chea de ouro e tesouros. Unha posta en escena sinxela pero sorprendente. Teatro de actor. Recomendado a partir de 5 anos. Duración: 50 minuto. Entradas anticipadas en servinova a un prezo de 3€ máis gastos e o mesmo día da función dúas horas antes na billeteira no caso de quedar entradas (3€)

LUNS 18

  • 17:30 horas– Salón do Libro – “Todos escribimos o poema do río” de Editorial Everest: Obradoiro de escrita e ilustración baseados neste libro. Recomendado a partir de 5 anos.
  • 19:00 horas – Salón do Libro – 9:00 horas – Salón do Libro – Pazo da Cultura – Festival de Títeres en Tricicleta: Da man “O Carballo con botas” (Anxo Moure) asistiremos a “A titiricleta do titiricleteiro”  
  • 19:00 horas – Salón do Libro– Pazo da Cultura- Revisión de Portafolios de Ilustración, da man de Marc Taeger e Jacobo Fernández: Organizado pola AGPI (Asociación Galega de Profesionais da Ilustración) estes dous recoñecidos ilustradores de libro infantil e xuvenil, revisarán e recomendarán profesionalmente os portafolios dos asistentes. Recomendado para estudantes universitarios

 

Agracemos a súa difusión, Departamento de Prensa