Previsións informativas: 23 - 24 - 25 marzo

Previsións informativas: 23 - 24 - 25 marzo

venres, 23 de Marzo de 2012

VENRES 23

-         17:00 horas na Sala de Exposicións - Tardes na Sala: "O cego dos monifates" de Viravolta Títeres no que Maese Seisdedos, cego e  titiriteiro ambulante representa axudado polo seu "lazarillo", romances e contos tradicionais acompañados de títeres de bululú.

-         18:30 horas no Auditorio do Pazo da Cultura: Espectáculo Teatral "Cando chove e raia o sol" de Viravolta títeres. Esta divertida historia xorde a partir dun terrible accidente: A caída do calendario! Está todiño polo chan!! E agora o tempo anda revolto no Salón, as estacións tolearon. O Sr. Verán non sabe se é Outono ou Inverno, e o mesmo lle pasa á Srta. Primaveira. E ao pobre do Inverno que anda saltando cacharelas de San Xoan coma se fose un verán calquera. Só a axuda de Martiño e o galo Rigoleto, co poder dos refráns e cancións que serven coma conxuros máxicos, volverán a poñer os meses no seu lugar. Recomenado a partir de 5 anos. Entradas á venda unha hora antes na billeteira do Auditorio a un prezo de 3,00 euros.

-         19:00 horas na Sala de Exposicións: Presentación dos libros de Anxo Fariña: "Os Megatoxos e o aprendiz de druída" e "Os Megatoxos e a cara oculta de Lúa". Participarán Anxo Fariña e Manuel Bragado, Director da editorial Xerais.


SÁBADO 24

-         12:00 horas no Salón de Actos - "Tic- tac o reloxo vai soñar" de Pablo Díaz. "Tic tac" é un libro-disco que combina música e ilustración para público infantil. Trátase dunha obra para ver, escoitar e cantar, tanto en familia como na escola, como complemento das clases de Educación Musical. Neste primeiro traballo musical en solitario, Pablo Díaz fai un percorrido por distintos ritmos cos que, dende a perspectiva do folk, abarca a universalidade da música, dende o xénero clásico ata o jazz, pasando polo rock, o soul, o swing e os ritmos latinos. Ademáis de cancións inéditas que interpretará nesta actuación. Recomendado entre 1 e 4 anos. Entradas á venda dende unha hora antes na billeteira do Pazo a un prezo de 3,00 euros

-         13:00 horas na Sala de Exposicións - Ensaio aberto da Orquestra de Cámara de Lira. A partir de 10 anos.

-         17:00 horas na Sala de Exposicións - Tardes na Sala: "O cego dos monifates" de Viravolta Títeres no que Maese Seisdedos, cego e  titiriteiro ambulante representa axudado polo seu "lazarillo", romances e contos tradicionais acompañados de títeres de bululú.

-         18:30 horas no Auditorio do Pazo da Cultura: Espectáculo Teatral "Cando chove e raia o sol" de Viravolta títeres: Recomenado a partir de 5 anos. Entradas á venda unha hora antes na billeteira do Auditorio a un prezo de 3,00 euros.


DOMINGO 25

-         12:00 e 18:30 horas – Teatro Principal – Domingos do Principal: “Nana para un soldado” de Teatro dos Ghazafelhos: Dous soldados inimigos na fronte atopan unha muller que ignora a guerra e os bombardeos e terán que deixar a un lado as súas diferenzas para facérense cargo dun pequeno imprevisto: o nacemento dun neno. Unha reflexión sobre o absurdo das guerras, e que o necesario para entenderse é escoitarse e respectarse. Teatro de actor recomendado a partir de 6 anos.

Entradas á venda en www.novagaliciabanco.es e dúas horas antes na billeteira do Teatro Principal a un prezo de 4,00 euros.

 

SORTEO!!: Ata o 28 de marzo os nenos/as poden participar deixando o seu  "Desexo de Boa Sorte" nas furnas ubicadas na Sala de Exposicións do Pazo da Cultura e no Teatro Principal, utilizando o impreso que deberá estar debidamente cumplimentado. O sorteo se celebrará o mércores da vindeira semana ás 18:00 nas Tardes na Sala.

Do mesmo xeito, lembrámoslles que as Exposicións do Salón doLibro, ubicadas no Pazo da Cultura, pódense visitar de luns a venres de 16:30 horas a 21:00 horas. Os sábados permanecerán abertas entre as 11:00 horas e as 14:00 horas e tamén polas tardes no horario xa citado. Os domingos e festivos só abrirán as súas portas en horario matinal.

 

Pode consultar más información en www.salondolibro.org, Facebook e Twitter.

 Agradecemos a súa difusión, DEPARTAMENTO DE PRENSA