Previsións informativas: 30 - 31 marzo

Previsións informativas: 30 - 31 marzo

venres, 30 de Marzo de 2012

VENRES 30

-         18:00 horas na Sala de Exposicións – Contos e música. O alumnado do IES Xunqueira 1, pertencente ao equipo de normalización linguística e baixo a tutorización de Manuel Reboredo, 13 rapaces/as contadores e 3 como acompañamento musical, achegarán textos de Cunqueiro e Castealo.

-         19:30 horas na Sala de Exposicións: Presentación do Garaxe Hermético con Kiko da Silva. Esta tarde desvelarase parte do “hermetismo” deste proxecto levado a cabo por Kiko da Silva, Norberto e Jacobo Fernández, Fernando Iglesias e Miguel Porto. Cursos profesionalizantes de banda deseñada e ilustración, para afeccionados e tamén para nenos/as son algunha das propostas da programación da 1ª Escola de Banda deseñada e ilustración de Galicia que fai, co seu nome, unha homenaxe ao recentemente falecido Moebius.

SÁBADO 31

-         13:00 horas no Salón de Actos -  Homenaxe a Paco Martín. Con motivo da xornada de clausura desta edición do Salón do Libro celebrarase a homenaxe a Paco Martín. O acto contará ademais coa presenza da concelleira de Cultura Anxos Riveiro e os escritores Xabier P. Docampo e Agustín Fernández Paz. Estará amenizado polo Trío SPJ do Seminario Permanente de Jazz. Entrada libre.

-         18:30 horas no Auditorio do Pazo da Cultura: Espectáculo “Nubes” de Aracaladanza: Nubes é a segunda obra dunha serie que desexa encontrar a inspiración na maxia que emanan algúns xenios da pintura coma El Bosco, Magritte, Miró e El Greco. Un traballo no que o absurdo é o motor artístico, e no que se profundiza na marca da compañía: a relación da danza cos obxectos aos que se troca en protagonistas. Entradas á venda unha hora antes na billeteira do Auditorio a un prezo de 8 euros para adultos e 5 euros para nenos.

Pode consultar más información en www.salondolibro.org, Facebook e Twitter.

 

 

Agradecemos a súa difusión, DEPARTAMENTO DE PRENSA