PREVISIÓNS INFORMATIVAS 6-7 marzo

PREVISIÓNS INFORMATIVAS 6-7 marzo

martes, 05 de Marzo de 2013

MÉRCORES 6

 

  • 17:30 – 20:30 horas  – Sala de Exposicións- Pazo da Cultura -“O Trenciño Rebuldeiro” de Editorial Patas de Peixe.  Obradoiro da Editorial Patas de Peixe no que os rapaces e rapazas rematarán dE construir o tren de xoguete que se iniciou o pasado sábado 2, e que tras 4 sesións de duro traballo dos pequenos, comezará a funcionar. A partir de 4 anos.

 

  • 18:30 horas  – Sala de Exposicións - Pazo da Cultura – Nenos Contadores. Dez nenos/as do CEP Marcos da Portela, de 4º e 6º de primaria contarán contos sobre o tema do Salón: A toda máquina.

 XOVES 7

 

  • De 17:30 horas – Sala de Exposicións - Pazo da Cultura  - “Titiricircus” de Tanxarina Títeres: Un circo titiriteiro onde dous traballadores desa fábrica de soños lembran, cos reus monicreques de fíos, os éxitos do seu pasado na pista de aera circular. Intereactuando co público, estes veteráns artistas circenses van sacando á escena os números máis importantes e irrepetibles que ofrecía aquel circo xa desaaparecido: o home máis forte da Península Ibérica, o encantador da serpe Josefina, o malabarista máis bailarín ou o equilibrista do monnociclo. A partir de 3 anos.
  • 19:00 horas - Sala de Exposicións - Pazo da Cultura – Presentación/obradoiro “A debuxar con Marcopola”: Obradoiro impartido por Jacobo Fernández Serrano, autor dos libros da serie Marcopola. A illa remeira.

 

Agracemos a súa difusión, Departamento de Prensa