PREVISIÓNS INFORMATIVAS 8 marzo

PREVISIÓNS INFORMATIVAS 8 marzo

xoves, 07 de Marzo de 2013

VENRES 8

  • 17:30 horas – Salón do Libro - Pazo da Cultura – “Titiricircus” de Tanxarina títeres: Un circo titiriteiro onde dous traballadores desa fábrica de soños lembran, cos reus monicreques de fíos, os éxitos do seu pasado na pista de area circular. Interactuando co público, estes veteráns artistas circenses sacan a escena os números máis importantes e irrepetibles que ofrecía aquel circo xa desaparecido: o home máis forte da Península Ibérica, o encantador da serpe Josefina, o malabarista máis bailarín ou o equilibrista do monociclo. Recomendado a partir de 3 anos.
  • 19:00 horas – Salón do Libro – Pazo da Cultura – Presentación do musical do libro “A nena e o grilo nun barquiño” da Editorial Folmúsica. O autor Magín Blanco interpretará varias cancións acompañado por Jorge Juncal e María Faltri (teclado, percusión e voz) para presentar a continuación do éxito “A nena e o grilo”. Asisitirán tamén o ilustrador Leandro Lamas, Nando Luaces de Folmúsica.

 

  • 20:00 horas – Sala Sargadelos – Inauguración exposición “Espérame, se é que te vas primeiro” de Crisitna Durán e Borxa Guerrero Parapar: Lugar: Galería Sargadelos. Oliva 24, Pontevedra. Horario de Apertura: De luns a venres de 9:30h. a 13:30h. e de 16:30h. a 20:00h. Sábados de 10:00h. a 13:30h.