PREVISIÓNS INFORMATIVAS 9 -10 marzo

PREVISIÓNS INFORMATIVAS 9 -10 marzo

venres, 08 de Marzo de 2013

SÁBADO 9

  • De 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 20:30 horas – Salón do Libro - Pazo da Cultura – Grandes contos personalizables da editoral Meubook: Grazas ás novas tecnoloxías os máis pequenos poderán convertirse en protagonistas dos contos. A partir de 3 anos.

 

  • De 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 20:30 horas – Salón do Libro – Recinto Feiral – Parque de xogos reciclados “Garabato de xogos”: Xogos tradicionais e de habilidade para todas as idades feitos a partir de material de refugallo.

 

  • 12:00 horas e 18:00 horas – Sala de Obradoiros – Pazo da Cultura – Espectáculo de teatro para bebés e familia “Viaxe a Dadá” de Teatro da Semente”: Viaxe a Dadá é un proxecto para bebés de 0 a 3 anos e país/nais acompañantes, con xogos iniciáticos, cantigas de berce, estimulación sensorial e moito agarimo. Dadá é a infancia simbolizada nun cabaliño de madeira. De feito a expresión “dadá” provén do balbuceo infantil con que as crianzas francesas lle chamaban ao cabaliño de xoguete. Da man de Chus Álvarez e Raquel Queizás, viaxaremos polas lembranzas da nenez entre xogos e cantigas. Aforo limitado. Entradas 3€ unha hora antes de cada espectáculo.

 

  • 12:00 horas – Salón do Libro – Pazo da Cultura – “A máquina misteriosa do Océano Pacífico” de Polo correo do vento: Obradoiro de debuxo sobre o conto da autora homenaxeada Marilar Aleixandre. A partir de 7 anos.

 

  • 17:30 horas – Salón do Libro – Pazo da Cultura – “A máquina misteriosa do Océano Pacífico” de Polo correo do vento: Contacontos. A partir de 7 anos.

 

  • 18:30 horas – Auditorio do Pazo da Cultura – Espectáculo musical en primicia “A nena e o grilo nun barquiño”: Espectáculo músico-teatral baseado no conto. Recomendado a partir de 2 anos. Entradas unha hora antes na billeteira a un prezo de 3€.

 

DOMINGO 10

  • De 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 20:30 horas – Salón do Libro - Pazo da Cultura – Grandes contos personalizables da editoral Meubook: Grazas ás novas tecnoloxías os máis pequenos poderán convertirse en protagonistas dos contos. A partir de 3 anos.

 

  • De 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 20:30 horas – Salón do Libro – Recinto Feiral – Parque de xogos reciclados “Garabato de xogos”: Xogos tradicionais e de habilidade para todas as idades feitos a partir de material de refugallo.

 

  • 12:00 horas – Sala de Obradoiros – Pazo da Cultura – Espectáculo de teatro para bebés e familia “Viaxe a Dadá” de Teatro da Semente”: Aforo limitado. Entradas 3€ unha hora antes de cada espectáculo.

 

 

  • 12:00 e 18:30 horas – Teatro Principal – Domingos do Principal “Humanos” de Marie de Jongh: Esta é a historia de dous robots que xogan a ser humanos. Dous “seres” viven envoltos nunha felicidade aparente. Recrean constantemente condutas humanas. Pero un día algo pasa, algo comeza a fallar, e un deles consegue ser sensibel ao amor.
    Espectáculo mudo. Teatro de actor. Recomendado a partir de 6 anos. Duración: 55 minutos.

 

  • 17:30 horas – Salón do Libro – Pazo da Cultura – “Volta ao mundo en 8 máquinas” de Polo correo do Vento: Contacontos no que os protagonistas, axudados de diferentes máquinas, consiguen completar a súa expedición.

 

Agracemos a súa difusión, Departamento de Prensa