Previsións informativas: Fin de Semana 10 - 11 marzo

Previsións informativas: Fin de Semana 10 - 11 marzo

venres, 09 de Marzo de 2012

SÁBADO 10

 

-         12:00 e 17:00– Sala de Obradoiros do Pazo – “Receitas Máxicas” de Ouvirmos: Obradoiro de cociña para nenos de idades cercanas as comprendidas entre os 4 e 10 anos.

Inscricións no Salón do Libro en horario de tarde a un prezo de 10, 00 euros. Inclúe ibro de cociña, gorro e todo o material empregado. Os nenos menores de 6 anos terán que estar acompañados dun adulto.

-         12:00 – Sala de Exposicións Pazo da Cultura – “13” Concerto da Orquestra de Cámara de Lira

-         12:30 horas na Praza de Curros Enriquez: Obradoiro de maquillaxe de bruxas e bruxos de Troula.

-         17:00 horas na Sala de Exposicións - Tardes na Sala: A maxia e a menciña popular de Os Quinquilláns.

-         18:30 horas no Auditorio do Pazo da Cultura: Espectáculo Teatral “Merlín” de Os Quinquilláns: A compañía indaga nesta obra clásica da literatura artúrica dende outra perspectiva: o misterio, as apócemas, e o Merlín coma un curandeiro que recorre ás propiedades da natureza e nos amosa o respecto cara ela.Narra a historia de como Furaventos arriba á illa de Ávalon por un erro, e descobre que alí viven o mago Merlín, Morgana e o Rei Arthur, convertidos en inmortais grazas ás mazás da illa.

Este espectáculo, recomendado a partir de 5 anos, combina a interpretación actoral con cancións, batallas, pequenas maxias e algún boneco que nos acompaña na nosa aventura por Avalón, illa das mazás.
 
Entradas á venda unha hora antes na billeteira do Pazo da Cultura a un prezo de 3,00€ por persona e función.

-          20:00 horas no Teatro PrincipalMeigas, Concerto da Banda de Música de Salcedo a partir de 10 anos.

 

DOMINGO 11

 

-         12:00 e 18:30 horas – Teatro Principal – Domingos do Principal: “Ebook” de Spasmo Teatro: Este espectáculo de humor xestual con efectos visuais e sonoros conta a historia do libro, dende a aparición da escrita ata os nosos días coa aparición do Ebook. Recomendado a partir de 4 anos.

Entradas á venda en www.novagaliciabanco.es e dúas horas antes na billeteira do Teatro Principal a un prezo de 4,00 euros.

 

-         18:00 – Praza de Curros Enríquez: “Os Bolechas volven ao Salón do Libro”: Os Bolechas volven ao Salón do Libro e estarán facendo gozar aos máis pequenos cun percorrido polo centro histórico durante máis dunha hora. Partirán da Praza de Curros Enríquez cara a Ferraría, Peregrina- Praza da Leña, Verdura, Teucro, Michelena e Teatro Principal. O percorrido poderá sufrir modificacións de última hora.

 

Do mesmo xeito, lembrámoslles que as Exposicións do Salón doLibro, ubicadas no Pazo da Cultura, pódense visitar de luns a venres de 16:30 horas a 21:00 horas. Os sábados permanecerán abertas entre as 11:00 horas e as 14:00 horas e tamén polas tardes no horario xa citado. Os domingos e festivos só abrirán as súas portas en horario matinal.

 

As actividades previstas na programación do 12+1 Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra desenvolveranse entre o 4 e o 31 de marzo de 2012. Pode consultar más información en www.salondolibro.org, Facebook e Twitter.

 

 

Agradecemos a súa difusión,

DEPARTAMENTO DE PRENSA E COMUNICACIÓN