Previsións informativas: Fin de Semana 17-18 marzo

Previsións informativas: Fin de Semana 17-18 marzo

venres, 16 de Marzo de 2012

SÁBADO 17

-         11:00, 12:30, 17:00 e 18:30 – Sala de obradoiros do Pazo da Cultura – “Sorte Sortiña” Concerto para bebés de Golfiños: Gozaremos dunha morea de cancións a través da historia da fada Margarida que ten moita, moita sorte, pero non atopa a verdadeira sorte ata unha sorpresa final que non vos podemos contar...

Recomendado para bebés entre 0 e 3 anos, ambas idades incluídas, podedes mercar a vosa entrada unha hora antes no Pazo a un prezo de 3,00 euros. Aforo limitado.

-         11:00 – Recinto Feiral  – “Xogando no mundo das Tebras” coa Asociación Galega de Xogos tradicionais: Dentro das novidades que oferta o Salón no seu programa, os nenos e nenas de máis de 5 anos poderán realizar un percorrido por 12+1 xogos como a chave, o lanzamento de pucha, o aro, etc.

-         12:30 – Sala de Exposicións do Pazo da Cultura – “Hora do Conto” de Pavís Pavós: Con motivo do día mundial da Síndrome de Down que terá lugar o 21 de marzo, Pavís Pavós realiza este contacontos especial que pretende sensibilizar aos máis pequenos frente ás persoas con discapacidade. Coa proxección do conto “Por catro esquiniñas de nada”, os contos que escoitarán en “O país da boa sorte” e diversos xogos, levarase a cabo esta divertida xornada de sensibilización.

-         16:00 – Recinto Feiral – “Torneo aberto de Billarda” da Liga Nacional de Billarda: Todos os interesados en participar pódense achegar ao Recinto.

-         17:00  – Sala de Exposición do Pazo da Cultura – Tardes na Sala “Contacontos da Fábula Galénica” de Ignacio Vilariño (Consorcio Editorial)


DOMINGO 18

-         12:00 – Teatro Principal– Domingos do Principal: “Carta urxente para Máximo Toxo” de Talía Teatro: Máximo Toxo é un gran escritor pero pouco coñecido. Vive pechado na súa casa, buscando escribir o libro polo que será lembrado eternamente (e que lle permitirá pagar as súas débedas). O seu carácter rosmón e antipático fan del un verdadeiro ogro, alleo a todo o que acontece máis alá da súa vivenda. Pero un día aparece Belinda, a carteira, cun encargo: entregarlle ao señor Toxo unha carta importantísima en persoa.

Comedia infantil e acrobática para ver en familia, chea de saltos, viravoltas, berros e tonterías que fai unha relexión sobra a soidade e os seus perigos. Recomendada a partir de 4 anos.

 

Venda de entradas en www.novagaliciabanco.com ou unha hora antes na billeteira do Teatro Principal, a un prezo de 4,00 euros.

 

-         18:30 – Teatro Principal– Domingos do Principal: “Carta urxente para Máximo Toxo” de Talía Teatro.

 

Do mesmo xeito, lembrámoslles que as Exposicións do Salón doLibro, ubicadas no Pazo da Cultura, pódense visitar de luns a venres de 16:30 horas a 21:00 horas. Os sábados permanecerán abertas entre as 11:00 horas e as 14:00 horas e tamén polas tardes no horario xa citado. Os domingos e festivos só abrirán as súas portas en horario matinal.

As actividades previstas na programación do 12+1 Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra desenvolveranse entre o 4 e o 31 de marzo de 2012. Pode consultar más información en www.salondolibro.org, Facebook e Twitter.

 

Agradecemos a súa difusión,

DEPARTAMENTO DE PRENSA E COMUNICACIÓN