Previsións informativas: Fin de Semana 3- 4 marzo

Previsións informativas: Fin de Semana 3- 4 marzo

venres, 02 de Marzo de 2012


 

SÁBADO 3

 

-         12:00 – Rúas de Pontevedra – “13” Pasarrúas de Troula: O espectáculo de animación de Troula sobre supersticións, meigas, conxuros, e demais elementos permanecerán nos seguintes emprazamentos: Praza de Curros Enríquez, Praza de España, Peregrina, Compostela, Praza de San Xosé, para posteriormente facer o seguinte percorrido: Peregrina, praza de la Peregrina, Paseo de Antonio Odriozola (Praza Herrería), Pasantería, Leña, Padre Sarmiento, Verdura, Méndez Núñez, Don Gonzalo, para rematar en Curros Enríquez, e dende ahí ir cara o Teatro Principal. Podedes consultar os tempos exactos no Facebook do Salón.

 

DOMINGO 4

 

-         11:00 – Pazo da Cultura – Inauguración do 12+1 Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra: O espectáculo musical da Aula Folque Infantil, feiro por nenos para nenos “Meigas Fora” amenizará a inauguración desta edición do Salón. Posteriormente procederase á apertura da Sala de Exposicións para a súa visita mentres os contacontos de Pavís Pavós enchen os diferentes espazos da sala coas súas historias.

 NOTA IMPORTANTE: Con motivo do LXXXI Campionato de España de Marcha en Ruta, o tráfico da rúa Alexandre Bóvedra permanecerá pechado entre a Glorieta de Compostela e a Ponte dos Tirantes, das 08:00 ás 14:30, pero a Policía facilitará o acceso ao aparcadoiro de aqueles vehículos que se acheguen ao Salón.

 Do mesmo xeito, lembrámoslles que as Exposicións do Salón doLibro, ubicadas no Pazo da Cultura, pódense visitar de luns a venres de 16:30 horas a 21:00 horas. Os sábados permanecerán abertas entre as 11:00 horas e as 14:00 horas e tamén polas tardes no horario xa citado. Os domingos e festivos só abrirán as súas portas en horario matinal.

 

-         12:00 – Teatro Principal– Domingos do Principal: “ El destino de Simón” de Pata Teatro: Simón leva unha vida normal. Un día pérdese na cidade e entra na oficina de obxectos perdidos. Don Mariano, o dono da tenda, ten que saír de urxencia e déixao a el de encargado. Simón acepta, como algo provisional, e descobre dentro dela un mundo cheo de sensacións onde o material e superficial do exterior queda nun segundo plano.

 Espectáculo recomendado a partir de 5 anos que lembra ao cabaré e mestura canto, danza, obxectos e marionetas, teatro e humor.

Venda de entradas en www.novagaliciabanco.com ou dúas horas antes na billeteira do Teatro Principal, a un prezo de 4,00 euros.

 

-         18:30 – Teatro Principal– Domingos do Principal: “El destino de Simón” de Pata Teatro.

 

 

As actividades previstas na programación do 12+1 Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra desenvolveranse entre o 4 e o 31 de marzo de 2012. Pode consultar más información en www.salondolibro.org, Facebook e Twitter.

 

 

Agradecemos a súa difusión,

 

DEPARTAMENTO DE PRENSA E COMUNICACIÓN