Previsións informativas para os vindeiros días nas Tardes na Sala

Previsións informativas para os vindeiros días nas Tardes na Sala

venres, 18 de Febreiro de 2011

VENRES 18

  • 17:30 - Contos Cantados de Golfiños: “Polo mar andan as lebres e polo monte as sardiñas”. Dentro da programación das Tardes na Sala, Golfiños, a través de contos e cantigas tradicionais amosa a presenza da mentira, tema central do 12º Salón do Libro, nas creación literarias e musicais cun espectáculo interactivo cos rapaces. Este contacontos repetirase os días xoves 24 e venres 25 de febreiro á mesma hora.

SÁBADO 19

  • 17:30 – Pavís Pavós: Xacobe Rodríguez de Pavís Pavós chega ás Tardes na Sala ás 17:30 horas na Sala de Exposicións do Pazo da Cultura. Historias de mentira, mentiras dentro de historias, historias que parecen mentira e non o son... Unha morea de contos para facer gozar aos máis pequenos, xirando en torno á temática central do 12º Salón do Libro Infantil e Xuvenil.

LUNS 21

  • 17:30 – Papaventos: “O Carbaballo con Botas” conta como Querco ficou só na súa fraga, porque todas as súas amigas, as outras árbores arderan nun terrible incendio. As bágoas de Querco caíron con forma de landras nunha bota vella, onde tralas choivas do inverno nacerá unha árbore, chamada o Carballo con Botas, que lle fará compaña e de cando en vez visitará outros bosques e lugares, para coñecer novas historias e levalas de volta á fraga Este contacontos repetirase os días luns 28 de febreiro e martes 1 de marzo á mesma hora.

Agradecemos a súa difusión.

Departamento de Prensa do Salón do Libro