A primeira semana do 12º Salón do Libro Infantil e Xuvenil de A primeira semana do 12º Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra contou coa participación de case 10.000 persoasPontevedra contou coa participación de case 10.000 persoas

A primeira semana do 12º Salón do Libro Infantil e Xuvenil de A primeira semana do 12º Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra contou coa participación de case 10.000 persoasPontevedra contou coa participación de case 10.000 persoas

martes, 15 de Febreiro de 2011

Dende que botou a andar o domingo 6 ata este domingo 13 de febreiro a asistencia de público tanto infantil como adulto, concertado con centros escolares e particular foi un éxito.

Unha semana despois de que o 12º Salón do Libro Infantil e Xuvenil comenzara a súa andadura, o balance é máis que positivo. Preto de 10.000 persoas foron contabilizadas ao rematar a semana na que a obra infantil “Pinocho”, o Contacontos “O Galo Quirico” de Títeres Seisdedos e o concerto para bebés “...Cando me crece o nariz” de Golfiños, foron uns dos reclamos máis importantes para o público infantil e familiar xunto coa actuación da Banda de Música de Pontevedra, “Concerto de Mentira”. Completaron a exitosa programación a obra de teatro “Alicia&Alicia” e as exposicións do Salón do Libro entre as que se atopa a dedicada a Gloria Sánchez e a da Sala Sargadelos, “Nunca tal cousa vira” que poden ser visitadas aínda.

A presente semana iniciou onte a súa programación co exitoso contacontos “O Carballo con Botas” e continúa coa presenza do Mago Cali e o seu espectáculo “É Maxia” ás 17:30 horas nas Tardes na Sala hoxe, mañá e pasado. O sábado 19 será Pavís Pavós quen amenice a tarde dos pequenos.

O público xuvenil-adulto ten nesta edición moita presenza e para eles son as “Xornadas Excentricas”: “Shakespeare para ignorantes” de Mofa e Befa o mércores 16 e xoves 17 e “Un Cranio Furado” o venres 18 e sábado 19 ás 21:00 horas no Paz oda Cultura. Ambas baixo a dirección do polifacético e afamado Quico Cadaval que dará unha conferencia na Sala de Exposicións do Pazo o venres 18 ás 19:00 horas : “A mentira: modo de emprego”

As actividades previstas na programación do 12º Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra desenvolveranse entre o 6 de febreiro e o sábado 19 de marzo de 2011. Pode consultar más información en www.salondolibro.org.

Agradecemos a súa difusión.

Departamento de Prensa do Salón do Libro