A primeira xornada dos BOLECHAS confirma as cifras de asistencia ao 11º SALÓN DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

A primeira xornada dos BOLECHAS confirma as cifras de asistencia ao 11º SALÓN DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

xoves, 11 de Febreiro de 2010

O desembarco dos “Bolechas” no auditorio do Pazo da Cultura, dentro da programación do Salón do Libro Infantil e Xuvenil contribiu a confirmar o número de visitas este mércores.

A obra “Os Bolechas”, posta en escena por Caramuxo Teatro cumpriu as expectativas completando o aforo nas dúas sesións matinais concertadas cos colexios e recibiu novos espectadores durante a sesión aberta a todos os públicos, chegando a un total de casi 1.000 espectadores. As visitas organizadas ao Salón acolleron hoxe aos asistentes dos roteiros urbanos. Estas actividades organizadas para centros escolares acolleron 555 nenos e nenas dos centros escolares participantes no Salón do Libro.

“O carballo con botas”, contacontos de Papaventos entretivo na súa última xornada a preto de 200 asistentes durante a tarde que logo puideron apreciar as obras inspiradas na temática da cidade que se exhiben no Pazo da Cultura.

O horario de apertura a todos os públicos durante a semana lectiva no Pazo da Cultura é de martes a venres, de 17 a 21 horas, excepto os luns, que estará pechado; abre os sábados de 11 a 14 horas e de 17 a 21 horas; os domingos e festivos, de 11 a 14 horas.

As instalacións do Pazo da Cultura de Pontevedra permanecerán abertas ata o domingo, 14 de marzo e contan cun espazo ambientado polo alumnado da Facultade de Belas Artes, exposicións de traballos escolares e ambientación xeral do Pazo da Cultura pola escola de tempo libre Paspallás. Tamén haberá exposicións sobre a homenaxe a Agustín Fernández Paz e O libro das viaxes imaxinarias, de Xabier P. do Campo.