ROSALÍA A PULGA QUE ESCRIBIA NO XI SALÓN DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL DE PONTEVEDRA

ROSALÍA A PULGA QUE ESCRIBIA NO XI SALÓN DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL DE PONTEVEDRA

venres, 05 de Febreiro de 2010

Os vindeiros luns 8 e martes 9 de febreiro de 2010, as 18:30 horas no auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra, dentro da XI edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil Galitoon presenta "Rosalía, a Pulga que escribía". Este éspectáculo de guiñol, de 45 minutos de duración, está recomendado para rapaces a partir de 1 ano. As entradas estarán á venda na billeteira dende unha hora antes do comezo, sendo o seu custo de 3 euros, salvo para os menores de 12 anos, que terá un desconto do 50%.

Ademáis ás 17.30 h na sala de exposicións do Pazo da Cultura da man de Papaventos, o contacontos "O Carballo con botas".

As actividades previstas na programación do XI Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra desenvolveranse do 7 de febreiro ata o domingo, 14 de marzo de 2010. Pode consultar más información en www.salondolibro.org.

Rosalía, a pulga que escribía, é a nova proposta de Galitoon para os máis cativos. Despois das exitosas Golulá e Babiliglub, a produtora afincada en Teo presenta un espectáculo de formato flexible no que incorpora á súa disciplina outra técnica de manipulación: monicreques sobre mesa. Galitoon continúa así coa súa constante experimentación. Por iso, nesta nova peza cambia de estilo no deseño de arte e cambia a técnica de manipulación sen esquecer o seu selo propio e característico baseado en contidos intelixentes, plasticidade impactante e musicalidade. SINOPSE: Había unha vez, unha pulga moi, moi pequena: Rosalía. Rosalía escribe unha carta cada día. Métea nun sobre, ponlle un selo e mándaa por correo. Bruno, o Canguro, un carteiro moi especial, encárgase en persoa de levarlla ao seu destinatario…. e ler o seu contido: á señora Toupa porque non ve; a Dona Jirafa, porque perdeu as gafas; á ovella, porque non sabe ler e a Mr Elefante porque só sabe ler en inglés. O contido da carta é unha invitación: O MARTES 3, ÁS 10, UNHA FESTA NA CASA DE ROSALÍA. Todos reciben unha carta, todos, menos Bruno, o Canguro. Por que? Porque é unha festa sorpresa para el! Idade recomendada: a partir de 2 anos Duración. 45 minutos A entrada custa 3 €, con desconto do 50% para os menores de 12 anos. Venda anticipada na billeteira, dende unha hora antes dos espectáculos.