Suspendida a exposición “Supersticións Domésticas” de Alba Blanco que tiña previsto inaugurarse mañá ás 20:00 horas na Sala Sargadelos

Suspendida a exposición “Supersticións Domésticas” de Alba Blanco que tiña previsto inaugurarse mañá ás 20:00 horas na Sala Sargadelos

xoves, 08 de Marzo de 2012

Podedes coñecer a traxectoria e parte da obra e das ilustracións da artista viguesa na súa páxina web http://albablancoboga.jimdo.com

 

PONTEVEDRA, 8 de marzo 2012.-  A exposición “Supersticións Domésticas” incluída dentro do noso programa de actividades e cuxa inauguración estaba prevista para mañá ás 20:00 horas na Sala Sargadelos, tivo que ser cancelada.

A Sala Sargadelos, colindante a Droguería Godoy que onte se viu afectada por un incendio, sufríu desperfectos que nos impiden desenvolver a actividade prevista.

Dende o Pazo da Cultura e o Salón do Libro amosamos a nosa solidariedade cos propietarios dos inmobles afectados, os seus habitantes, e, como non, coa expositora Alba Blanco. A artista viguesa, que fixera unha convocatoria a través das redes sociais para recopilar supersticións domésticas e plasmalas nas súas ilustracións, ten parte da súa obra na web http://albablancoboga.jimdo.com/ilustraciones/ que podedes consultar.

 

 

Agradecemos a súa difusión

  

DEPARTAMENTO DE PRENSA E COMUNICACIÓN