Unha historia de medos mútuos que inspirou aos colexios no Salón do Libro 2015

Luisiño é o protagonista de 'O neno que tiña medo dos robots. O robot que tiña medo dos nenos', unha tenra historia escrita por Miguel Vázquez Freire e editada por Rodeira. As ilustracións son de José Tomás Díaz. No conto, o rapaz, un neno que leva unha vida rutineira, terá que enfrontarse a unha situación nova que fala do medo ao diferente e do temor ao descoñecido. Ao final, o resultado, pese a todas as súas dúbidas, pode ser marabilloso. Este libro é un dos que os colexios utilizaron para preparar os seus traballos que serán expostos a partir do 27 de febreiro no XVI Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra.