A unha semana de rematar o XIII 12+1 Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra xá son arredor de 15.000 persoas as que gozaron do amplo abano de actividades para todos os públicos.

A unha semana de rematar o XIII 12+1 Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra xá son arredor de 15.000 persoas as que gozaron do amplo abano de actividades para todos os públicos.

luns, 26 de Marzo de 2012

Na pasada semana o espectáculo “As manoplas de Carapuchiña”, o conto cantado de OQO Editora por Maria Lado, Lucía Aldao e a SPJ, resultou todo un éxito.

  

PONTEVEDRA, 26 de marzo de 2012.-  A unha semana de que a 12+1 edición do Salón do Libro chege ao seu fin, foron xa arredor de 15.000 os nenos/as e adultos que se achegaron ás nosas instalacións para visitar as exposicións e/ou asistir aos numerosos contacontos, concertos, espectáculos teatrais, etc que compoñen o programa de actividades.

Os máis pequenos gozaron nas Tardes na Sala dos contos e obradoiros de ilustración de “O debuxantes de soños contra a mala sorte” de Polo Correo do Vento e os títeres de bululú de Viravolta “O cego dos monifates”. Ademais aproveitaron a visita á Sala de Exposicións para admirar os traballos dos centros escolares, da escola de canteiros, da AGPI, etc, leer un ratiño ou participar no sorteo escribindo ou pintando o seu “Desexo de Boa Sorte”.

Moitos asistiron tamén cós seus pais ás posteriores presentacións dos libros “2044” de Eduardo Santiago e os pertenteces á colección “Os Megatoxos” de Anxo Fariña que amenizou a súa presentación debuxando aos personaxes.

Ocuparon un lugar destacado da progamación, pola súa novidade, bo facer e éxito de público, as representacións do espectáculo inédito: o conto cantado “As manoplas de Carapuchiña” que, inspirado no conto de OQO Editora contou coa profesionalidade de María Lado, Lucía Aldao e o Seminario Permanente de Jazz.

Non foi menos a repercusión do espectáculo de títeres “Cando chove e raia o sol” da man de Viravolta títeres, que, ao igual que “As manoplas de  Carapuchiña” contou cun aforo completo nas funcións concertadas con coles.

Na fin de semana, a protagonista foi a música. O concerto “Tic-tac o reloxo vai soñar” de Pablo Díaz encheu de ritmos e cancións inéditas o Salón de Actos, mentres que a Orquestra de Cámara de Lira puxo a nota musical á Sala de Exposicións.

 

Esta semana a programación arranca esta tarde na Sala de Exposicións ás 17:00 horas co contacontos “Mortos de ningures” de Everest Galicia. Mentres que ás 19:00 horas, Natalia Carou Figueira presentará o seu libro “O alento nas costas” da colección Meiga Moira de Baía Edicións. Asistirá tamén Quico Cadaval, que explicará a lenda de Abuín sobre a que xira a historia.

Nos vindeiros días, a excepción do 29 que se suspende a programación con motivo da folga, poderán gozar de espectáculos coma “O sapo encantado” de Títeres Trés Globos (27 e 28 ás 18:30 horas no Auditorio. Prezo 3 €), as Tardes na Sala coma sempre ás 17:00 horas, que acollerán o dia 30 ás 18:30 horas o Contacontos a cargo do alumnado da Xunqueira 1, previsto inicialmente para o dia 29.

Na programación adicada a presentacións será OQO Editora co libro “Jack e a Morte de TIM Bowley” mañá ás 19:30 horas e Kiko Dasilva o venres á mesma hora para falarnos do “Garaxe Hermético”: 1ª Escola de banda deseñada e Ilustración de Galícia.

O sábado 31, día da clausura, celebrarase a Homenaxe a Paco Martín, con música do SPJ Trio ás 13:00 horas e, en horario de tarde, o derradeiro espectáculo desta edición: “Nubes” de Aracaladanza. Poderedes mercar as entradas 1 hora antes na billeteira do auditório. Prezo: 8€ adultos/ 5€ nenos.

O Sorteo “Desexo de Boa Sorte”, terá lugar o mércores 28 ás 18:00 horas nas Tardes na Sala. Ata esse momento os nenos e nenas poden achegarse ao Pazo para depositar na furna o seu desexo escrito ou pintado.

 

Do mesmo xeito, lembrámoslles que as Exposicións do Salón doLibro, ubicadas no Pazo da Cultura, pódense visitar de luns a venres de 16:30 horas a 21:00 horas. Os sábados permanecerán abertas entre as 11:00 horas e as 14:00 horas e tamén polas tardes no horario xa citado. Os domingos e festivos só abrirán as súas portas en horario matinal.

Pode consultar más información en www.salondolibro.org, Facebook e Twitter.

 

Agradecemos a súa difusión,

 DEPARTAMENTO DE PRENSA E COMUNICACIÓN